DELICATESSEN. Casa da Cultura de Barbadás do 2 ao 30 de novembro. ¿Cal é teu sabor favorito, doce ou salgado?, ¿ E a túa textura? Nesta mostra o autor combina as dúas respostas en imaxes que representan alimentos frescos e agradabeis para o gosto dá vista. O sabor da mirada nun ensaio de formas simples e elementos sinxelos que ao misturarse crean gostos exóticos e apetitosos. Buscando a complicidade cos seus modelos, Héctor Guzmán, explora a frescura e espontaneidade deste exercicio, improvisando cunha variedade de elementos extraídos directamente da neveira, do froiteiro ou do estante do viño. «Delicatessen» é unha proposta de praceres sinxelos pero primixenios do ser humano.
Me gustó el concepto, la iluminación, las texturas... felicitaciones!
ResponderEliminar